Contido coa etiqueta .
Luis Planas

21/01/2025 09:06
O plan baséase na seguridade alimentaria, a sustentabilidade, a revitalización das zonas rurais, a nutrición e a saúde, e mais a innovación, a tecnoloxía e o consumo
España é o cuarto país exportador de alimentos da Unión Europea e o sétimo do mundo

Miles de agricultores concéntranse en Madrid contra os acordos comerciais que "ameazan" o sector
16/12/2024 12:55
As asociacións Asaja e COAG esixen solucións ante pactos como o de Mercosur

12/12/2024 18:37
O ministro de Agricultura e Pesca visita a confraría de pescadores San Juan Bautista en conmemoración do seu centenario
Destaca que informes científicos sobre a sardiña prognostican a posibilidade de "capturas interesantes"

Planas rexeita o plan "radical" de Bruxelas que fai "inviable" a pesca no Mediterráneo
09/12/2024 11:11
A Comisión Europea propón reducir nun 79 % os días de pesca no Mediterráneo
O ministro de Pesca considera que o plan "pon en perigo" o "necesario equilibrio" entre a rendibilidade do sector pesqueiro e a sustentabilidade das poboacións de peixes
O conselleiro Alfonso Villares advirte que rexeitarán os topes que danen o sector, e os armadores temen recortes, especialmente na pescada.

España aposta por manter a cota de pesca do patudo
21/10/2024 11:05
Luis Planas defende a necesidade de avaliar o impacto económico e social á hora de decidir as cotas pesqueiras

Planas, sobre o futuro da pesca: "Só hai sostibilidade se hai rendibilidade para a frota"
01/10/2024 09:27
O ministro de Pesca dixo que "se queremos descarbonización, maior seguridade e confortabilidade, significa que temos que construír novos buques pesqueiros"
Sobre Conxemar manifestou que "é a historia dun éxito do sector pesqueiro español e dunha gran feira que nos permite reunir o sector e proxectalo de cara ao exterior"

O Goberno aproba o decreto que flexibiliza e simplifica as condicións para as axudas da PAC
18/06/2024 14:26
O proxecto modifica o alcance de catro das Boas Condicións Agrarias e Ambientais da terra (BCAM) e flexibiliza a aplicación de controis e penalizacións en materia de condicionalidade

Amplíase o prazo ata o 15 de xuño para pedir as axudas directas da PAC
27/05/2024 10:48
O ministro de Agricultura, Luis Planas, afirma que a extensión do prazo faise "con carácter extraordinario" a atendendo as peticións das organizacións agrarias

O Goberno presenta a agricultores e gandeiros un plan de 43 medidas para saír da crise
01/04/2024 13:05
A proposta será sometida a debate polas principais asociacións agrarias españolas
Planas espera un acordo coas organizacións agrarias á marxe das eleccións

Pesca acorda co sector facer novas campañas para recuperar o consumo de peixe
22/03/2024 14:41
A rebaixa do IVE, demandada desde o mundo da pesca e o marisqueo, segue sen contar co apoio do Goberno

A Xunta ve no rexistro de galiñeiros "outro exemplo de burocracia innecesaria"
20/03/2024 19:44
O conselleiro do Medio Rural di que esta obriga forma parte dun proceso estéril e non redunda en ningún tipo de beneficio para a poboación

A UE propón suavizar as esixencias ambientais da PAC para tranquilizar o campo
15/03/2024 17:04
As medidas permitirán manter as condicións "sen reducir o nivel de ambición dos obxectivos de protección ambiental e climática"

Planas anuncia que a Comisión Europea aproba hoxe medidas para simplificar a PAC
15/03/2024 09:54
O ministro de Agricultura cre que esta "minirreforma podería entrar en vigor de forma practicamente inmediata"

Goberno e organizacións agrarias achegan posturas sobre a PAC, pero sen acordos
28/02/2024 14:48
Asaja, COAG e UPA din que os avances son insuficientes e piden medidas concretas en seguros e fiscalidade
A semana próxima volveranse reunir por cuarta vez dende o inicio das protestas
Continúan as protestas para reclamar prezos xustos

España reclama un pacto europeo para responder ás demandas dos agricultores
26/02/2024 11:27
O ministro de Agricultura reclamou á Comisión Europea propostas lexislativas urxentes e cláusulas espello para que produtos non autorizados na UE non poidan entrar

Planas sofre un mareo mentres intervén no Congreso que achaca á "sobreactividade"
21/02/2024 10:51
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación interrompeu durante uns instantes a súa intervención e sentou no escano
Posteriormente dixo que estaba "perfectamente e en plena actividade, o único problema é que teño sobreactividade"

"Pedimos unha moratoria das trabas burocráticas da PAC que asfixian o agro"
20/02/2024 10:39
O conselleiro do Medio Rural, José González, esíxelle ao Goberno estatal unha defensa "contundente" do sector español no Consello europeo do día 26
Considera "insuficiente" o paquete de 18 medidas propostas a semana pasada polo ministro Luis Planas, ao entender que non se centra en "cuestións fundamentais"

O Goberno creará unha axencia estatal de control alimentario e fará voluntario o caderno dixital
15/02/2024 20:17
O encontro produciuse no contexto de protestas de agricultores por todo o país

Remata a tractorada ás portas do Ministerio de Agricultura
15/02/2024 14:45
O ministro atrasa o encontro cos representantes de Asaja, COAG e UPA a esta tarde
Os agricultores retiráronse da protesta ás 14.30

Planas agarda a convocatoria inminente dos fondos europeos para o sector mar-industria
09/02/2024 14:13
O ministro de Agricultura e Pesca reuniuse en Boiro con responsables de Anfaco-Cecopesca

Agricultores españois intensifican as súas protestas esta semana
05/02/2024 14:44
Españois e portugueses bloquean a fronteira entre ambos países na provincia de Salamanca
O ministro Planas di que o abastecemento de alimentos está "absolutamente garantido"
O líder do PP pídelle ao Goberno central que indemnice os afectados polos ataques en Francia

Os agricultores manterán as mobilizacións tras reunirse con Planas
02/02/2024 13:29
O ministro Luis Planas asocia o descontento do sector agrario coa actitude da Comisión Europea e a UE
As organizacións agrarias manteñen as manifestacións e tractoradas previstas en febreiro por toda España
A Xunta e os sectores do agro e o transporte esixen ao Goberno que os defenda con maior contundencia

Roberto García: "Queremos que se supriman as medidas da PAC que non teñen sentido"
02/02/2024 10:57
O secretario xeral de Unións Agrarias reúnese hoxe co ministro de Agricultura
Cre que a burocracia pon en perigo a continuidade de moitas explotacións
Asegura que as protestas dos agricultores franceses son lícitas, pero non para "construír unha posición de vantaxe ilegal" ou desprestixiar produtos doutros países da UE
Pide tamén unha política de Estado de seguro mínimo para afrontar as perdas causadas polo cambio climático

As protestas dos agricultores esténdense por varios países europeos
31/01/2024 14:58
Os tractores franceses chegan ás portas do mercado de Rungis, o maior de Europa
O ministro Luis Planas reúnese o venres coas principais organizacións agrarias de España
Agricultores portugueses súmanse ás protestas con cortes de estradas e fronteiras, algunhas de conexión con Galicia

Luis Planas pon en valor o mercado de proximidade e as producións locais
20/01/2024 16:39
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación destacou o valor engadido das producións locais e a estreita relación co consumidor

Agricultura inviste 35 millóns de euros para modernizar os regadíos da Limia
19/01/2024 14:43
O ministro Planas anunciou que o novo sistema de regadío da comarca ourensá estará listo en 2026

"Aquí non se tira nada"; o Goberno retoma a lei de desperdicio alimentario
09/01/2024 11:23
A norma impulsada polo ministro Planas na pasada lexislatura, e que decaera co adianto electoral, busca reducir os máis de 65 quilos de media que cada fogar tira ao ano

O ministro de Agricultura ofrece diálogo e consenso ás comunidades autónomas
18/12/2023 14:34
Galicia volve insistir na reclamación da baixada do IVE do peixe
O conselleiro de Medio Rural pídelle ao ministerio que axilice a validación da vacina contra enfermidade hemorráxica epizoóptica

A UE pacta as cotas para 2024 cun incremento para España de capturas de pescada
12/12/2023 12:28
A frota española poderá pescar un 10,5 % máis de pescada, o que supón "a cifra máis importante do século", segundo o ministro Luis Planas

O Goberno "buscará o camiño" para financiar un PERTE para a industria pesqueira
04/10/2023 14:58
O ministro Luis Planas explicou que está presentada a solicitude ante a Comisión Europea e que "o sector non pode quedar fóra dese financiamento, sendo, como é, un sector estratéxico"

España considera "inaceptable" a postura de Noruega de fixar as súas cotas de pesca
18/09/2023 21:11
O ministro Planas propón aprobar restriccións comerciais como represalia
Os 27 analizaron as negociacións co Reino Unido para pechar un acordo en decembro

Agricultores e gandeiros protestan en Córdoba contra a nova PAC
05/09/2023 16:05
O ministro de Agricultura Luis Planas respondeu ás protestas asegurando que "non cambiar as cousas non é unha opción"

Bruxelas ábrese a debater cambios na limitación das capacidades dos barcos
18/07/2023 12:01
A UE apoia revisar os fondos pesqueiros para modernizar a frota
Os ministros da UE visitan de madrugada a lonxa de Vigo
Villares: "Hai que falar do que preocupa ao sector: a remuda xeracional e a soberanía alimentaria"

Os ministros de pesca da UE inician en Vigo o debate sobre o futuro do sector
18/07/2023 09:53
Antes da xunta visitaron a lonxa de Vigo ás cinco da mañá

Arquivan o caso da espionaxe a Sánchez e a varios ministros ao negarse Israel a colaborar
10/07/2023 11:54
O xuíz da Audiencia Nacional que investiga o caso conclúe que Israel e a compañía propietaria do programa informático Pegusus non teñen intención de responder ás súas peticións de información

O Congreso valida o decreto lei que establece 2.190 millóns en axudas para a seca
07/06/2023 13:00
O ministro Luis Planas defende as medidas para garantir "a seguridade do aprovisionamento alimentario e a continuidade da actividade produtiva"
PP e Vox aseguran que as accións fronte a seca son electoralistas e escasas

Podemos acusa o ministro de Agricultura de estar "fóra de realidade"
24/04/2023 14:15
Luis Planas defende que as grandes distribuidoras teñen "beneficios razoables"
O ministro de Agricultura asegura que os prezos dos alimentos baixarán pronto pero ata entón "pide paciencia"

España defende en Bruxelas a continuidade da pesca de arrastre
20/03/2023 09:12
Luis Planas pide que "non se demonice a pesca de arrastre" ante a proposta de Bruxelas de eliminar gradualmente esta actividade nas zonas mariñas protexidas de aquí a 2030
O sector critica os ataques constantes á pesca de arrastre e ás artes de fondo e aposta por corrixir as políticas pesqueiras comunitarias
A conselleira do Mar advirte que o plan de Bruxelas "non ten carácter normativo" e esixe "datos científicos"

O Goberno cre que os prezos "tocaron teito" e descarta novas medidas polo momento
20/02/2023 14:32
O Executivo pídelle ao sector agroalimentario que traslade a rebaixa de custos e recibe "boa disposición"
Luis Planas pide paciencia porque o problema non se "resolverá en 24 horas"

As medidas para abaratar a cesta da compra dividen os socios de goberno
17/02/2023 14:37
Apoios parlamentarios da coalición coma o PNV cualifican a situación de "cachondeo"